Na Coruña Contas

Volver

Aparcamento veciñal seguro para bicicletas

viladacosta viladacosta  •  14/05/2019  •  Distrito 4  • 

LondresGasteiz.jpg
LondresGasteiz.jpg

Código proposta de investimento: 2073

Seguindo o modelo de xestión usado polo concello de Pamplona no barrio de San Antón e o das hortas urbanas na Coruña, podese crear un local ou estructura onde os veciños podamos ter as nosas bicis de forma segura, podendo acceder a elas dunha maneira cómoda e áxil(app-contrasinal), fomentando así, o uso da bici como medio de transporte ou de ocio. O tempo, facilita o seu uso os menores e o seu empoderamento e autonomía. O módelo é xa unha realidade en cidades como a propia Pamplona, Donosti, Barcelona, Palencia ou Vitoria onde existen redes destes aparcamentos pola cidade  https://www.youtube.com/watch?v=yinqYmKvDaM -Posible ubicación. "FARÍASE NUN LOCAL/BAIXO/ESPAZO DE TITULARIDADE MUNICIPAL. Estas seran as condicións do de Pamplona: https://www.pamplona.es/actualidad/noticias/en-abril-comenzara-funcionar-el-nuevo-aparcamiento-de-bicicletas-en-la-calle

Localización: local/baixo/espazo de titularidade municipal. En caso de non existir, compra de local o baixo para este proxecto

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos