Na Coruña Contas

Volver

Colocar 6 bancos nos camiños Correlo e Campos (Feáns)

america2 america2  •  14/05/2019  •  Distrito 4  • 

Camiño de Campos (Feáns)
Camiño de Campos (Feáns)

Código proposta de investimento: 2069

Nos camiños de Correlo e Campos (en Feáns), moita xente adoita camiñar e facer deporte. Estaría ben contar con bancos nestes camiños que facilite o descanso das persoas viandantes. É preciso que estes bancos sexan cómodos para as persoas maiores e/ou persoas con mobilidade reducida, é dicir, non demasiado baixos.

Localización: O punteiro marca o inicio do camiño de Campos, pero tamén habería que colocar algún banco no camiño do Correlo

Proposta en nome de: A.VV. O Freixo de Feáns

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos