Na Coruña Contas

Volver

Humanización da Ronda de Outeiro

descentros descentros  •  14/05/2019  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 2063

Estreitamento dos carrís de subida e baixada na Ronda de Outeiro (dende a estación de Ferrocarrís ate a Avenida de Finisterre) para a creación dun paseo arborado na parte central. Esta medida daría unión a dúas partes da cidade e aportaría zona verde dentro dos distritos máis necesitados desta mellora. Estas áreas superpoboadas e dotadas de escasas árbores aumentarían a calidade de vida da cidadanía con esta reforma, que tamén aportaría un necesario pulmón verde á cidade.

Localización: Esta proposta abrange os distritos 8 e 9

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos