Na Coruña Contas

Volver

Pintura ao exterior do Mercado de Santa Lucía

jfbalsa jfbalsa  •  13/05/2019  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 2047

Como proposta de investimento proponse dar un lavado de cara ao mercado cunha limpeza a fachada e unha man de pintura para evitar o deterioro. Ademáis pronponse instalar lonas nos comercios abandonados no exterior para quitar a imaxe de abandono.

Por outra banda, a cuberta do Mercado de Santa Lucía encóntrase cheo de herbas e maleza. Cando chove a auga cae como se fose unha fervenza cara a Rúa do Doutor Fleming. É de urxencia que se limpe o tellado do mercado.

En resumo sería unha proposta de coste reducido pola que toda a veciñanza saería beneficiada.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos