Na Coruña Contas

Volver

Humanización e mellora da accesibilidade Paseo Marítimo/Adelaida Muro

pfe pfe  •  13/05/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 2039

Instalación dun ascensor na escalinata de Adelaida Muro e mellora do firme así como facer peonil a rampa do Matadeiro e correxir o desnivel para que sexa accesible por cadeiras de rodas. Existe outra proposta para a instalación de escaleiras mecánicas en Adelaida Muro pero esto non sería totalmente accesible polo que coido que sería un elevador/ascensor similar ao instalado no Barrio dos Castros ou na R. Ramón Cabanillas coa Av. de Arteixo. Ao mesmo tempo debería de completarse esta acción peatonalizando a Rampa do Matadeiro xa que as aceiras son moi estreitas e hai moito desnivel, o que imposibilita o seu uso por persoas maiores, con carriños de bebe,etc. Debería de intentar correxirse o desnivel facendo algún tipo de rampa similar á de enfrente do Colexio Labaca coa Igrexa dos Capuchinos.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos