Na Coruña Contas

Volver

Peatonalizacion rúa Alcalde Puga y Parga (Catro camiños) y mellora do parque inf

wlauraw wlauraw  •  07/05/2019  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 1946

O tramo da rúa Alcalde Puga y Parga é una rúa sen saída, onde nenos, maiores e todo tipo de persoas a utilizan de zona de paso. Un dos marxes das beriarrua é moi estrito pasa un carrito de bebe con moita dificultade, este tipo de beirarrua non teñen ningún sentido dende o meu punto de vista xa que non son prácticas e no día a día se vas camiñando por elas e ven alguén de frente e imposible pasar.

Miña proposta é doble,  peatonalizar ese tramo e deixar a rúa sólo de paso permitido exclusivamente para vehículos a os garaxes existentes alí, e aproveitar o espazo para de paso mellorar e remodelar o parque infantil, e as zonas verdes. 

O parque se queda pequeno e con moi poucos columpios, é as zonas verdes sempre teñen basura e suciedade.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos