Na Coruña Contas

Volver

Protección do patrimonio natural dos Xardíns de Méndez Núñez

carmela.6 carmela.6  •  06/05/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1941

Debemos rematar co ataque semanal as árbores centenarias dos Xardíns de Méndez Núnez. Propoño que se prohíba o botellón nos Cantóns e ofrecer unha zona alternativa na que se poida reunir a mocidade e na que haxa urinarios públicos.

Os Xardíns teñen un gran valor natural e é necesario protexelos para o disfrute de toda a cidadanía e dos visitantes da nosa cidade.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos