Na Coruña Contas

Volver

Devolver a avenida dos Mallos ós veciños. Humanización.

mugroso mugroso  •  05/05/2019  •  Distrito 8  • 

Rehumanización_Avenida_dos_Mallos.jpg
Rehumanización_Avenida_dos_Mallos.jpg

Código proposta de investimento: 1909

A avenida dos Mallos comunica unha zona de gran densidade de poboación e cun grandísimo potencial, pero actualmente está infrautilizada. É unha avenida con beirarúas estreitas e moi deterioradas que actualmente conta con catro carrils, dous de aparcamento e dous para a circulación, pero debido ó alto número de coches en doble fila só se utiliza un deles para circular.

Cunha humanización conseguiríamos:

  1. Ampliar e renovar as bairarúas existentes facéndoas máis transitables, o suficientemente amplias como para que algún comercio da zona poidese poñer unha terraza, revalorizando e enchendo de vida a avenida.
  2. Reverdecerla avenida con novos árbores e maceteiros.
  3. Crear un carril bici en toda a súa extensión.
  4. Deixar só un carril de circulación de vehículos deixando espacio para amplialas beirarúas e a creación do carril bici, sen perxudicar á circulación.

Informe de inviabilidade

Comunicámoslle que a súa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: O custo da proposta supera os 200.000 euros das propostas de distrito e tamén 1.000.000 euros límite para as propostas de cidade, de xeito que debe declararse inviable. Grazas por participar.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos