Na Coruña Contas

Volver

Infraestructura de almacenamiento e reparación de bicicletas

R.García R.García  •  05/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Box de estacionamento
Box de estacionamento

Código proposta de investimento: 1908

  1. Colocación de boxes de almacenamiento de bicicletas dentro de zoas peonís ou co suficiente tráfico de bicicleta onde os edificios sean de épocas anteriores os anos 60, onde os portales son de pequena dimensión, as escaleras estreitas e carecen de ascensor, trasteiros ou aparcamento. No espazo dun coche, poden almacenarse 6-8 bicicletas protexidas da choiva, páxaros, meados, vándalos e ladróns. Por exemplo, na entorna da rúa Orzán, rúa Panaderas, casco vello, Falperra, rúa Barcelona, etc.
  2. Máis estacións de reparación e bombas de aire ligadas o carril bici.
  3. Señalización física  e online destas estacións, tanto no lugar como preavisos en zoas cercanas. Da misma mañeira no espazo público sinálanse hoteis e gasolineiras...

Localización: Ligado a súa densidad de uso e características da vivenda.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos