Na Coruña Contas

Volver

Árbores na rúa San Luis

Iván Seoane Iván Seoane  •  02/05/2019  •  Distrito 8  • 

Rúas sen nada de verde, que dan mágoa e falta de humanidade.
Rúas sen nada de verde, que dan mágoa e falta de humanidade.

Código proposta de investimento: 1894

Esta rúa ten falla de árbores. Solicitamos que se poñan os que se poidan na beirarrúa e asemade na propia calzada con engadidos coma os que se fixeron na rúa San Vicente na súa reurbanización integral. Preferíbelmente na rúa San Luis que comprende dende a Rolda de Outeiro até a rúa Diego Delicado.

Localización: Faille falla unha remodelación integral coma a que fixéchedes na rúa San Vicente, xa que é das rúas más vellas da zona. Tédeo en conta pra futuros proxectos. Preferíbelmente na rúa San Luis que comprende dende a Rolda de Outeiro até a rúa Diego Delicado.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos