Na Coruña Contas

Volver

Recuperación da piscina natural na praia de Riazor

dni_ko dni_ko  •  30/04/2019  •  Distrito 9  • 

Antiga Piscina Natural
Antiga Piscina Natural

Código proposta de investimento: 1860

Moita xente recordará a antiga piscina de auga natural, abrigada por un dique, na praia de Riazor. Penso que "recuperala" sería unha iniciativa interesante e que podería ter bastante boa acollida. Máis aló do uso de lecer que lle poida dar a xente, penso que é unha construcción especialmente interesante para os máis pequenos ou para xente que non se sinta tan confiada para bañarse directamente no mar. Por cuestións de oleaxe e rochas, Riazor ou Orzán non son precisamente as praias máis axeitadas para bañarse por primeiras veces. Dispoñer dunha zona máis abrigada, protexida de oleaxe e das rochas exteriores, penso que podería ser moi axeitado para o sector infantil, podendo así ter unhas primeiras experiencia co baño nas praias con maior seguridade.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero o Concello da Coruña non ten competencia para esta actuación pois a zona pertence á Demarcación de Costas. Animámoste a presentar novas propostas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos