Na Coruña Contas

Volver

Eliminación de punto negro peonil e bloqueo contínuo da L11 nas Lagóas.

tinobasanta tinobasanta  •  30/04/2019  •  Distrito 10  • 

as_lagoas.jpg
as_lagoas.jpg

Código proposta de investimento: 1851

No cruce das Lagóas co inicio da Rolda de Montealto prodúcese a diario o bloqueo do paso do bus L11 polo mal aparcamento nas bandas cebradas. Ademáis no xiro dende a antiga estrada de Circunvalación (traseira do Edificio Mediodía) á rúa Paseo Marítimo (dianteira do Edificio Mediodía) prodúcese un punto cego tanto pra peóns coma pra conductores, co conseguinte perigo pra ámbos. A xente maior non cruza polo paso de cebra polo vento, as máis das veces, e polo mal estado do chan lousado (xa se produciron caídas), polo cal cruzan polo medio do aparcadoiro, que por certo, non leva a ningures.

Replantexar este apracadoiro como espazo verde e de paso seguro para peóns, vehículos particulares e a liña 11 sería unha gran mellora para a zona e os seus usuarios.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos