Na Coruña Contas

Volver

Multas para donos de cans que non recollan os excrementos

xap_39 xap_39  •  26/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1764

Cada vez máis personas teñen can nas cidades e, se ben é certo que están cada vez máis concienciadas de que teñen que colaborar mantendo limpa a cidade, segue existindo xente que rexeita recoller os excrementos das súas mascotas, pese as campañas de sensibilización. 

Existen dous concellos en España que implantaron un sistema de recoñecemento de ADN fecal dos cans para poder identificar o dono e poder multarlos, co resultado dunha gran mellora na limpeza destes concellos. Aínda que o obxectivo non sexa penalizar os donos, penso que sería una boa maneira de que todos axudemos a manter limpa a cidade. 

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta pero, tanto as multas como a creación dun servizo (neste caso dun sistema de recoñecemento de ADN fecal para cans) supoñen un gasto que non pertence ao capítulo de investimento no orzamento público, e ser un investimento é un requisito indispensable para a viabilidade dunha proposta dentro deste programa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos