Na Coruña Contas

Volver

Creación dunha feria de moda na cidade

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Mostra de moda
Mostra de moda

Código proposta de investimento: 1755

Galicia e A Coruña teñen unha gran relación coa moda, dende multinacionais ata novos deseñadores.

A creación dunha feria de moda, en colaboración con escolas de deseño, multinacionais e deseñadores autóctonos favorecería a creación de sinerxias e negocios, así como situaría á cidade no mapa con un evento diferenciador e interesante.

Poderíase estudar a posibilidade de crear unha pasarela/desfile para dar a coñecer as creacións. 

Este tipo de eventos favorecen o turismo, a creación de emprego e o retorno económico. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta é moi interesante pero non é posible levala a cabo dentro deste programa de Orzamentos Participativos pois está destinado a gastos de investimento e a creación dunha feira supón a posta en marcha dun servizo, que se financiaría dentro doutro capítulo de gastos do orzamento municipal. Agradecemos a túa participación e animásmoste a presentar novas propostas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos