Na Coruña Contas

Volver

Placas conmemorativas «Vivencias da Coruña»

smlebo smlebo  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

 Exemplos de placas típicas en Londres e Madrid e os varios modelos na Coruña
Exemplos de placas típicas en Londres e Madrid e os varios modelos na Coruña

Código proposta de investimento: 1747

En tódalas cidades do mundo lémbrase a súa historia e persoeiros ilustres coa colocación de placas ou outros marcadores en lugares de relevancia histórica. Na Coruña hai exemplos de marcadores. Porén, cada un é distinto, non sempre gozan do lugar senlleiro que merecen, nin están organizados.Isto contrasta con Madrid ou Londres.

Por iso propoño o plan «Vivencias da Coruña». Primeiro farase un deseño característico das placas para honrar as efemérides e persoeiros da cidade (a poder ser en metal, económico e doado de manter). As placas colocaranse trocando as anteriores. Por último, crearase unha web con tódalas placas, un mapa para atopalas, e máis información sobre o seu contido. As placas poden conter un código QR que levase directamente á web, coma na da Casa de Juana de Vega.

Localización: Toda a cidade

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos