Na Coruña Contas

Volver

Humanización da Marina

SergioMP SergioMP  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1733

Dende que rematou a obra da Marina noto en falta a presenza de arborado e flores na zona de marina, case todo o mundo coincide en que no pasado a zona gañaba coas árbores. De modo que esa é a miña proposta, facer unha pequena reforma e plantar árbores.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero temos que etiquetala como INVIABLE pois a explanada do Parrote e da Mariña non son de titularidade municipal, senón que pertencen á Autoridade Portuaria. Por convenio o Concello da Coruña ten competencia para o mantemento da zona pero a proposta implica a execución de obra nova, actuación que sería competencia da Autoridade Portuaria. Animámoste a votar as propostas que consideres máis axeitadas para a cidade e a participar na próxima edición dos orzamentos participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos