Na Coruña Contas

Volver

REHABILITACIÓN E PINTADO DA TORRE DO MARATON

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Torre de Maratón
Torre de Maratón

Código proposta de investimento: 1731

A Torre do Maratón, edificación emblemática da cidade e última peza existente do estadio de Riazor orixinal, atópase nun deficiente estado de conservación. Proponse o selado de grietas e posterior pintado da mesma, así como o cambio das carpinterías superiores (recuperando os ocos das fiestras orixinais) e a posibilidade (se o orzamento o permite) de instalación de iluminación ornamental.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos