Na Coruña Contas

Volver

Humanización Rúa Río Monelos (entre Av. Oza e Alcalde Marchesi)

SergioMP SergioMP  •  25/04/2019  •  Distrito 8  • 

Figura explicativa da idea
Figura explicativa da idea

Código proposta de investimento: 1730

Nestre tramo da rúa hai pouco tráfico e poderíase facer unha humanización da mesma e na parte que conecta con Alcalde Marchasi hai constantes infraccións coma estacionamientos no paso de peóns, no cebreado e delante dos vados. Ademais de mellorar a escaleira que hai na rúa e facela máis grande xa que só pasa unha persoa e é imposible subir e baixar dúas persoas á par.

Na foto indicase a idea, deixar o carril que hai, eliminar os sitios de aparcamentos (todos ou só só lado) (cor azul), facer unha pequena zona de carga e descarga para os locais (cor amarela) e facer unha pequena zona arbolada e bancos (cor verde), coma se dunha pequena praza se tratase. Todo isto con vistas a que nun futuro a rúa de Alcalde Marchesi sexa tamén unha rúa humizada.

Grazas por ler a idea e espero que vos guste. Saudos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • migombab

    Si solo quitan los de zona ORA, bienvenida la idea. Quitar de los pocos que hay de residentes en la zona, es mermar la poca capacidad de aparcamiento que ya de por si hay, y que la gente desaprensiva que va al Corte Ingles y no quiere pagar parking, parasitan sin permiso y con muy malas formas.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos