Na Coruña Contas

Volver

Seguridade para viandantes: Pasamáns en Salvador de Madariaga

luciatorrecilla luciatorrecilla  •  25/04/2019  •  Distrito 7  • 

Desnivel Salvador de Madariaga
Desnivel Salvador de Madariaga

Código proposta de investimento: 1727

Continuación do pasamáns en Salvador de Madariaga (á altura do C.C.Monelos).

Á altura da estación Bicicoruña, a beirarrúa atópase a dous niveis cunha diferenza entre eles de aproximadamente un metro de altura, sen ningunha barreira física que separe a zona alta da baixa, supoñendo un perigo para nen@s e maiores, e para calquera persoa que pase por ese lugar.

Existe un pasamáns na rampa que une os dous niveis. Propoño que se prolongue dito pasamáns ate o comezo da zona verde.

O custe seguramente será pouco e a seguridade que proporcionará, moita.

Localización: Salvador de Madariaga, fronte estación Bicicoruña e C.C de Monelos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos