Na Coruña Contas

Volver

HUMANIZACIÓN RÚA ALCALDE LIAÑO FLORES

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Distrito 9  • 

Liaño Flores
Liaño Flores

Código proposta de investimento: 1726

Esta rúa supón un corredor natural moi transitado entre o Agra do Orzán e o Ventorrillo. Os servizos públicos ubicados nesta rúa e nas súas inmediacións (Un colexio, un xardín de infancia, un instituto, un ximnasio e piscina públicos e o centro cívico Ágora) requiren dunha reordenación da mesma, a fin de facilitar o tránsito peonil(maior amplitude de beirarrúas), a seguridade (cruzamentos e zonas de saída de centros educativos), mellora da rede de saneamento e pluviais, así coma unha reordenación do tráfico (sección de carrís excesiva) e plantación de arborado.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos