Na Coruña Contas

Volver

REURBANIZACIÓN DA RÚA SAN ANDRES (ENTRE RÚA NOVA E SANTA CATALINA)

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Distrito 10  • 

Rúa San Andrés
Rúa San Andrés

Código proposta de investimento: 1717

Seguindo o deseño empregado na primeira humanización desta vía, proponse a continuación da mesma nestre treito da rúa. Esta intervención melloraría o espazo peonil na mesma, e permitiría un aumento de atractivo comercial. O redeseño tería en conta o novo mapa de liñas de transporte público así como a posible implantación de carrís bus/bici recollidos nese plan.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos