Na Coruña Contas

Volver

REORDENACIÓN URBANA DA ZONA DAS ÁNIMAS

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Distrito 10  • 

Reurbanización das Ánimas
Reurbanización das Ánimas

Código proposta de investimento: 1713

A zona das ánimas converteuse nun espazo urbano mal resolto. A actual zona verde cercada polo tráfico carece de uso público, o funcionar como rotonda. O acceso ó Castelo de Santo Antón resulta perigoso e sobredimensionado, e existen demasiados carrís de circulación. Proponse a simplificación do mesmo, creando unha rotonda que comunique a saída do tunel, o acceso a Santo Antón, o Paseo marítimo e a subida polo Paseo do Parrote. Esta redistribución permitiría unha maior separación da porta da muralla e o tráfico, ampliando a zona verde perimetral á mesma. A supresión da zona da marquesina do tranvía sen uso actual, unha reordenación das prazas de aparcamento lindando cos terrenos da Solana e unha reducción significativa dos trenzados e m2 destinados a asfalto. 

Informe de inviabilidade

Esta proposta é inviable pois calquera intervención na zona que non sexa só mantemento é competencia da Autoridade Portuaria e non do Concello da Coruña. Moitas grazas por participar e animámoste a presentar novas propostas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos