Na Coruña Contas

Volver

REHABILITACIÓN E POSTA EN USO DO RESTO DO PAZO DE VEEDURÍA NA CIDADE VELLA

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Distrito 10  • 

Pazo de Veeduría
Pazo de Veeduría

Código proposta de investimento: 1710

Rematar de rehabilitar a superficie restante do pazo de Veeduría para o traslado doutras institucións ou asociacións, como as ubicadas no edificio municipal de Durán Loriga. Deste xeito, amplíase a vida activa na cidade vella, levando servicios empregados pola cidadanía a esta zona, e á súa vez permite liberar o edificio de Durán Loriga para outros posibles usos, como centro cívico (inexistente nesa zona) ou mellora dos servizos existentes (arquivo histórico municipal, CGAI...)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos