Na Coruña Contas

Volver

Mellora da pista de baloncesto da Praza de Indalecio Prieto

e_tres e_tres  •  25/04/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1673

 

 

No distrito hai varias canastas, pero moi pouca xente as utiliza e todas están valeiras a meirande parte do tempo. A razón disto é que son canastas "prantadas" nun espazo non preparado para practicar deporte; cómpre ter un chan adecuado. O chan sobre o que están instaladas as canastas está demasiado deteriorado (con fendeduras e montículos) e é demasiado agresivo.

Propoño facer unha cancha de verdade, con pavimento liso de pista deportiva para poder xogar sen medo, coas súas liñas pintadas etc. O lugar proposto é a canasta que xa hai instalada na Praza de Indalecio Prieto..

Deste xeito estariamos dando uso a unhas canastas infrautilizadas e promovendo o deporte na cidade.

Ademais disto, as redes das canastas deterióranse e contráese coa humidade da choiva en inverno sendo inservibles por non pasar o balón a través delas. Cómpre cambiar as redes de soga por redes de cadeas.

Localización: Praza de Indalecio Prieto

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos