A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Hai 3 propostas de investimento clasificadas como 'rede de saneamento' en todos os ámbitos

Distrito 6

Rehabilitación das Fontes Tradicionáis de Eirís

  1 comentario  •  14/05/2018  •  monicaeiris

En todas as zonas ruráis da cidade, ata que nos instalaron a auga corrente, había unha rede de fontes tradicionáis. 

Moitas delas, pese a quedar en desuso e ter sido desconectadas da rede polo concello, seguen en pé. 

Marcamos no mapa algunhas delas. 

A veciñanza xa non as precisa para abastecerse de auga, como hai 30 anos, pero sí sería bonito recuperalas para poder refrescarnos nelas cando paseamos. Non se entende que só nos parques haia fontes. E moito menos que, tendo aínda a infraestructura e a rede instalada, non se poñan en uso.

Solicitamos que se lles dea unha man de pintura, se acondicione o entorno e se reconecten á rede de auga e alcantarillado.

22.500 €
Distrito 3

Alcantarillado casas 14, 9D, 10, 11 e 13 Lugar de Cances

  3 comentarios  •  02/05/2018  •  beatrizgomez

Quedaron estas vivendas sen servizo por cuestions económicas

200.000 €
casas_sen_alcantarillado.jpg
Toda a cidade

Alcantarillado no Foxo, zona Maristas: 13 vivendas seguen sen el.

  1 comentario  •  13/05/2018  •  monicaeiris

Ano 2018 e 13 vivendas  e unha empresa de transporte seguen sen alcantarillado. 

Na zona de O Foxo, Eirís. Pegadas ó Colexio Maristas. 

Non nos parece de recibo que sigan así. Levan anos reclamando. En 1992 púxose en Montemero e Eirís de Abaixo e de Arriba, pero non aquí. 

Xa que se instala a rede de alcantarillado no Parque Ofimático, deberan conectar tamén a estas vivendas.

De non ser así, debería facerse cargo o concello dos gastos que para estas persoas supón o valeirado das fosas sépticas.

800.000 €