Estación Bici Coruña no parque de Eirís
23/04/2018 • • Distrito 6
Estando tan cerca de hospitais, dun parque tan grande e cas poucas liñas de bus que hai preto do parque, agradeceríase ter unha estación de Bici Coruña. Espazo hai para poñela e usuarios con ganas de tela somos moitos.
Graciñas.
Reducir velocidade na rotonda de pajaritas
03/05/2018 • • Distrito 7
Neste punto da cidade os coches veñen a altas velocidades da vedra e non cruce hai poica visibilidade, co que eu proporía disminuir o risco cun badén tipo holandés ou un paso de peóns elevado.
Plantación de arbores desde Avda de Lamadosa nº 5 e a cupula de Eiris
23/04/2018 • • Distrito 6
Son ladeiras do parque en dous taludes de diferente nivel, sen vexetación que proxecte sombra, sendo unha zona con luz solar máxima desde o mediodia
Bosque en Carlos Casares
12/05/2018 • • Distrito 10
O parque Carlos Casares, situado ao carón do antigo cárcere, é un espazo aberto con céspede. A proposta é plantar árbores abondo para crear un micro-bosque urbán moi preto dunha zoa protexida como é a contorna da Torre de Hércules. As árbores non só producen sombra e oxíseno, tamén servirían de fogar ás numerosas especies animais da zona, e sería un bo lugar de paseo e de lecer para todas as persoas. Non se trata só de plantar árbores, trátase de proxectar un micro-bosque.
Estación de bicicoruña en Avda. de Os Mallos
04/05/2018 • • Distrito 8
Se propone la instalación de una estación de préstamo de bicicletas municipales, BiciCoruña, para dar servicio a los barrios de Os Mallos y Falperra.
El motivo de esta solicitud es que, a la vista del mapa actual de estaciones, existe un vacío de éstas en un área circular de unos 1000 metros de diámetro que incluye la mayor parte de los barrios de Os Mallos y Falperra.
En la imagen, puede observarse la situación de las estaciones de BiciCoruña más cercanas actuales (puntos morados), el area indicada en el párrajo anterior (círculo rojo), y la ubicación sugerida para la nueva estación (punto verde) al inicio de la Avda. de Os Mallos, aprovechando un viejo trozo de calzada sin uso, una zona muerta que está en estado de provisionalidad desde hace décadas.
Más información y alternativas sobre esta propuesta en esta url: https://drive.google.com/file/d/1v0zJovsxPUbGQUVAamrMAt0VqtXeQFYI/view
Instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña
01/05/2018 • • Distrito 5
Con esta proposta solicítase a instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña, situada moi preto da Facultade de Arquitectura, e na que existe unha liña amarilla a cal moitas veces é ignorada provocando que moitas veces obstaculizacións que dificultan a salida dos garaxes, o paso normal de vehículos (e mesmo o paso de ambulancias, xa que é unha zona na que vive moita xente de avanzada idade), que vense tamén na obriga de subirse á acera, provocando desperfectos en tapas de alcantarillas. A policía municipal ten tamén o costume de consentir e non obrar para acabar con estas actitudes que van contra as normas de circulación vial.
reordenamiento rúa San José, ampliación aceiras e anulación prazas aparcadoiro
18/04/2018 • • Distrito 10
Debido á estreiteza da rúa San José, non poden acceder nin os servizos de recollida de lixo, nin de asistencia, algunhas ambulancias, por suposto o camión de bombeiros teno imposible, parece evidente que se debería de ampliar a beirarrúa, polo menos, dos números impares e suprimir as prazas de aparcadoiro nese mesmo lado.
Reservar Instalacións Deportivas Municipais online (na actualidade é imposible)
14/05/2018 • • Toda a cidade
Hoxe en día é posible reservar calquera butaca do Teatro Rosalía dende a tua casa, pero non se pode alugar as instalacións deportivas municipais sen desprazarse en horario de mañá a tres puntos concretos da cidade (nos que as veces un ou dous non están operativos por baixas ou vacacións) aos que hai que levar os cartos en efectivo. Leva décadas sen ningún tipo de evolución o sistema de reserva na Coruña.
Propoño un investimento que favorecería a miles de usuarios que desexamos facer deporte na cidade. Un sistema de pago online acompañado dunha App para facelo dende o mobil. O ideal sería chegar a un convenio coa fundación Deporte Galego que tamén xestiona unha cantas instalacións na cidade e que teñen un sistema de pagamento ainda peor.
PROPOSTA DE INSTALACIÓN DUN ROCÓDROMO AO AIRE LIBRE NO PARQUE DE BENS- A Coruña
02/05/2018 • • Distrito 2
O lugar ideal é o parque de Bens xa que conxuga natureza, ocio e deporte. Con este tipo de construción o parque veríase revitalizado, converténdose nunha zona deportiva multidisciplinar: camiñar, correr, bicicletas, ... e ademais escalada ao aire libre. A Coruña sería a pioneira e referencia en Galicia. Nestes enlaces podemos darnos unha idea do que se pretende con esta proposta.
- http://www.escalamadrid.com/rocodromos/sainz-de-baranda/
- http://www.escalamadrid.com/rocodromos/rivas-vaciamadrid/
O futuro rocódromo podería estar composto por:
- unha estrutura grande (búlder), duns 4 metros de altura
- unha torres de 15 metros con vías para subir con corda.
- Unha zona desplomada ou un teito para os máis experimentados.
É recomendable que nun mesmo rocódromo coexistan diferentes elementos: ramplas, muros verticais, desplomes, diedros e chemineas, fisuras e teitos.
REXENERACIÓN PRAIA DE BENS: AMPLIACIÓN ARBORADO
14/05/2018 • • Distrito 1
Seguindo a iniciativa aprobada na anterior convocatoria e xa executada, ampliación do pinar iniciado na contorna da praia.
https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/328