Hai 4 propostas de investimento clasificadas como 'acceso peonil' en todos os ámbitos
rampa
Sen comentarios • 18/04/2018 •
colocar rampa ou outra forma de facilitar o acceso que existe entre os colexios de ramon da sagra e maria pita, xa que e a via mais utilizada dos veciños, sendo imposible baixar con carritos de bebes ect...resultando anha volta tremenda se escolles outro camiño. Gracias.

Recuperación de rede viaria tradicional
3 comentarios • 14/05/2018 •
A freguesía de Elviña conserva unha importante rede viaria histórica que une diferentes núcleos da parroquia. Hoxe hai treitos que están fragmentados ou que forman parte de rúas.
A nosa proposta é ir recuperando ese viario histórico, formando unha rede cos camiños xa recuperados, rúas e camiños por acondicionar. Fundamentalmente o que se propón é que se sinalicen eses camiños e que se manteñan en boas condicións para o tránsito a pé.
Para esta proposta en concreto xuntamos un mapa cos camiños e rúas que unen Elviña, Castro, Penarredonda, As Revoltas, Palavea e Fontaíña.
RECUPERAR OS ANTIGUOS CAMIÑOS NO LUGAR DE PENAMOA .
Sen comentarios • 14/05/2018 •
Restaurar os camiños e facer sendas peoniles comunicando Penamoa,
Bens ,Comeanda ,etc.
Recuperar os antigos camiños de carro no lugar de Cances
1 comentario • 02/05/2018 •
Camiños de interese e valor paisaxistico e moi apropiados para ocio e deporte. Solucitamos inteevir no número 55 por estar pechado o camiño cun muro e adecentar o furme de rerra