Na Coruña Contas

Resultados da busca

Hai 4 propostas de investimento que conteñen 'eirís'

quiosco

Instalación para unha concesión dun quiosco/cafetería no parque de Eiris

14/05/2018  •  cocasina  •  Distrito 6

Instalación para unha concesión dun quiosco/cafetería no parque de Eiris. A proposta está pensada para as inmediacions da zona do parque infantil de Eiris, cercana a unha futura estación de Bici coruña. Daría servizo os pais dos nenos do parque infantil que poderían usar tamén as mesas para merendar cercanas. Tamén poderian úsalo os pais que agarden polos nenos que adestren no campo de fútbol de Eiris. Na actualidade non existe posibilidade de ter estos servicios na zona e creo que podería ter moi boa acollida. 

30.000 €

Plantación de arbores desde Avda de Lamadosa nº 5 e a cupula de Eiris

23/04/2018  •  hadrian  •  Distrito 6

Son ladeiras do parque en dous taludes de diferente nivel, sen vexetación que proxecte sombra, sendo unha zona con luz solar máxima desde o mediodia

2.800 €

Estación Bici Coruña no parque de Eirís

23/04/2018  •  bolboreta  •  Distrito 6

Estando tan cerca de hospitais, dun parque tan grande e cas poucas liñas de bus que hai preto do parque, agradeceríase ter unha estación de Bici Coruña. Espazo hai para poñela e usuarios con ganas de tela somos moitos.

Graciñas.

45.000 €

Rehabilitación das Fontes Tradicionáis de Eirís

14/05/2018  •  monicaeiris  •  Distrito 6

En todas as zonas ruráis da cidade, ata que nos instalaron a auga corrente, había unha rede de fontes tradicionáis. 

Moitas delas, pese a quedar en desuso e ter sido desconectadas da rede polo concello, seguen en pé. 

Marcamos no mapa algunhas delas. 

A veciñanza xa non as precisa para abastecerse de auga, como hai 30 anos, pero sí sería bonito recuperalas para poder refrescarnos nelas cando paseamos. Non se entende que só nos parques haia fontes. E moito menos que, tendo aínda a infraestructura e a rede instalada, non se poñan en uso.

Solicitamos que se lles dea unha man de pintura, se acondicione o entorno e se reconecten á rede de auga e alcantarillado.

22.500 €