Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

Exemplos de rocódromos

PROPOSTA DE INSTALACIÓN DUN ROCÓDROMO AO AIRE LIBRE NO PARQUE DE BENS- A Coruña

02/05/2018  •  finy  •  Distrito 2

 

O lugar ideal é o parque de Bens xa que conxuga natureza, ocio e deporte. Con este tipo de construción o parque veríase revitalizado, converténdose nunha zona deportiva multidisciplinar: camiñar, correr, bicicletas, ... e ademais escalada ao aire libre. A Coruña sería a pioneira e referencia en Galicia.  Nestes enlaces podemos darnos unha idea do que se pretende con esta proposta.

  • http://www.escalamadrid.com/rocodromos/sainz-de-baranda/
  • http://www.escalamadrid.com/rocodromos/rivas-vaciamadrid/

O futuro rocódromo podería estar composto por:

  1. unha estrutura grande (búlder), duns 4 metros de altura
  2. unha torres de 15 metros con vías para subir con corda.
  3. Unha  zona desplomada ou un teito para os máis experimentados.

 É recomendable que nun mesmo rocódromo coexistan diferentes elementos: ramplas, muros verticais, desplomes, diedros e chemineas, fisuras e teitos. 

199.904 €
paseoRonda.jpg

Pacificación do tráfico entorno Ceip de Prácticas e IES Salvador de Madariaga

11/05/2018  •  pepinha  •  Distrito 9

Pacificación do tráfico no tramo de Paseo de ronda entre Manuel Murguía e Almirante Lángara, que se corresponde coa entrada do Ceip de Prácticas e o IES Salvador de Madariaga, así como en Almirante Lángara, mediante medidas como unha zona 20, avisos de precaución por zona escolar, pasos elevados etc. A diario son moitos os nenos e nenas que acceden e o tráfico é caótico e perigoso.

23.289 €
screenshot-www.google.es-2018-05-02-09-40-31.jpg

Espazo de Lecer e Xogos na contorna das pistas entre C/ Estocolmo - C/ Náp

02/05/2018  •  anepa  •  Distrito 5

Propoño unha mellora da contorna das pistas situadas na C/ Estocolmo na Zapateira coa instalación de xogos infantís tanto na parte alta como na baixa para todas as idades e tratar así de crear un punto de encontro único e de socialización de todos os nenos e nenas do barrio a modo de praza como no resto de barrios.

Actualmente a  urbanización de Valaire ten falta dun espazo seguro con zona de xogos grande e ben acondicionada.Só hai pequenas praciñas con xogos moi deteriorados e para idades moi curtas e moi afastados uns doutros que non favorecen nada as actividades ao aire libre entre a xente nova.

50.000 €
Si, baixo estas árbores tan fermosas está o único parque do que dispoñemos

Renovación do parque infantil do Complexo Deportivo de Elviña

20/04/2018  •  titasomoza@gmail.com  •  Distrito 3

Os nenos e nenas do Birloque, da Avenida de Glasgow e de Ponte da Pedra só dispoñen na súa contorna dun parque infantil na Praza de Agustín Díaz, no aparcadoiro do Complexo Deportivo de Elviña. Trátase dun parque con sombra e espacio pero que está nun estado  deficiente, co chan totalmente abombado e con xogos moi limitados. Tamén dispón dunha fonte pero non adaptada.

É unha mágoa que este parque estea infrautilizado dado que é un sitio idóneo para que os nenos desta zona poidan desfrutar con seguridade. Ademais, o parque tamén é empregado polos nenos e nenas que van ao Complexo de Elviña, polo que os potenciais usuarios dun parque renovado serían moitos.

Propoño que se renove o equipamento deste parque facéndoo máis axeitado para nenos e nenas de máis idades, arranxar o chan para evitar tropezós e instalar un bebedoiro que poidamos usar sen saír mollados como agora.

40.000 €

Recuperar os antigos camiños de carro no lugar de Cances

02/05/2018  •  beatrizgomez  •  Distrito 3

Camiños de interese e valor paisaxistico e moi apropiados para ocio e deporte. Solucitamos inteevir no número 55 por estar pechado o camiño cun muro e adecentar o furme de rerra

22.260 €

CREACIÓN DUNHA SENDA CICLISTA SEGURA NO BARRIO

22/04/2018  •  a.vv.pedralonga  •  Distrito 6

Creación de sendas para o uso da bicicleta no barrio, que o comuniquen coas zonas colidantes, entendento como sendas ciclistas seguras non necesariamente carrís bici, senón rutas funcionais (non lúdicas) para mellorar a seguridade dos ciclistas.

50.000 €
barrera_jardin_vertical.JPG

XARDÍN VERTICAL NA RÚA BARREIRA

14/05/2018  •  luis2castros  •  Distrito 10

Mellorar a zona axardinada existente tralos contedores soterrados da rúa Barreira (no cruzamento coa Estreita de San Andrés).

Aproveitar a medianeira que colinda con esta parcela para a creación dun xardín vertical nunha zona cun urbanismo duro.

15.000 €

Mellora/creación do carril bici.

18/04/2018  •  andresroa  •  Toda a cidade

As bicis son un medio de transporte ecolóxico e san, o concello debería de promover o seu uso. Hai un carril bici moi bo pero tan so polo paseo, aínda que coa xeografía da cidade non é sinxelo por un carril bici, agradeceríase moitísimo a súa  implementación noutras zonas, preferiblemente polo centro.

131.043 €
Captura_de_pantalla.jpg

REXENERACIÓN PRAIA DE BENS: AMPLIACIÓN ARBORADO

14/05/2018  •  luis2castros  •  Distrito 1

Seguindo a iniciativa aprobada na anterior convocatoria e xa executada, ampliación do pinar iniciado na contorna da praia.

https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/328

17.500 €
Calle_Castro_de_Elviña.jpg

Instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña

01/05/2018  •  antoniogj  •  Distrito 5

Con esta proposta solicítase a instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña, situada moi preto da Facultade de Arquitectura, e na que existe unha liña amarilla a cal moitas veces é ignorada provocando que moitas veces obstaculizacións que dificultan a salida dos garaxes, o paso normal de vehículos (e mesmo o paso de ambulancias, xa que é unha zona na que vive moita xente de avanzada idade), que vense tamén na obriga de subirse á acera, provocando desperfectos en tapas de alcantarillas. A policía municipal ten tamén o costume de consentir e non obrar para acabar con estas actitudes que van contra as normas de circulación vial.

6.000 €