Propostas de investimento non viables: Distrito 9
REHABILITACIÓN E PINTADO DA TORRE DO MARATON
03/05/2018 • • Distrito 9
A Torre do Maratón, edificación emblemática da cidade e última peza existente do estadio de Riazor orixinal, atópase nun deficiente estado de conservación. Proponse o selado de grietas e posterior pintado da mesma, así como o cambio das carpinterías superiores (recuperando os ocos das fiestras orixinais) e a posibilidade (se o orzamento o permite) de instalación de iluminación ornamental.

retirar o panel informativo da Rolda de Nelle
09/05/2018 • • Distrito 9
leva moito tempo sen funcionar e non é necesario
Rúas libres de excrementos de mascotas
18/04/2018 • • Distrito 9
Cada día máis xente ten cans nas súas casas, e pese a que moitos teñen o civismo suficiente para recoller os regaliños que van deixando, son moitos os que se negan a facelo, deixando incluso que os cans fagan as súas necesidades nas portas das nosas casas. A miña proposta é a de realizar un investimento inicial para reforzar os efectivos da policía local para que multen a xente que non respeta o espazo público. Cos cartos recollidos coas multas poderíase recuperar en parte o salario deses efectivos ou destinalos a refuxios municipais.
Instalación de un semáforo en la Avda. de Finisterre a la altura del Mercadona
09/05/2018 • • Distrito 9
Hay muchísima gente que hace sus compras en ese supermercado y al salir cargados de bolsas los semáforos más próximos para ir hacia el Ventorrillo están bastante lejos y se pierde mucho tiempo. De hecho para acortar el recorrido muchas personas cruzan en ese punto arriesgando su seguridad y la de los coches que circulan por la avenida.

CREACIÓN DUNHA ZONA INFANTO-XUVENIL NA PRAZA DE SALVADOR DE MADARIAGA
14/05/2018 • • Distrito 9
Debido á elevada densidade de poboación no barrio da Agra do Orzán, e visto a masificación existente nos poucos espazos dirixidos á poboación infanto-xuvenil, consideramos que a Praza de Salvador de Madariaga posee as condicións necesarias para a creación dunha zona de lecer (parque infantil) para este tramo de idade, posibilitando así a redución da masificación nos espazos públicos do distritio. Esta petición apoiáse nas opinións dos propios nenos, nenas e adolescentes do barrio da Agra do Orzán.

Cambio gratuíto de neumáticos...
09/05/2018 • • Distrito 9
...o eliminación de los pernos de sujeción de las planchas metálicas de la ronda de Outeiro, lo que se adapte mejor a estos presupuestos.
Se debería sustituir el sistema de sujeción por otro que no sobresalga del nivel de la calzada para evitar daños en los vehículos.
Poda de Árboles
14/05/2018 • • Distrito 9
Poda de árboles ubicados en la calle palomar y Paseo de los puentes.
Mellorar a seguridade de parada de autobús do 69 da Avenida de Fisterra.
07/05/2018 • • Distrito 9
A parada de autobús situada no nº 69 da Avenida de Fisterra está xusto despois dun semáforo, de maneira que cando os autobuses, baixando a toda velocidade pola avenida, entran na súa parada, pasan por diante das persóas que están esperar para cruzar a rúa a escasos centímetros dos seus corpos, de maneira que calqueira despiste dun peatón, adulto ou neno, podería ter unha consecuencia luctuosa.
Propoño desprazar a parada do bus uns poucos metros máis abaixo, trasladando unha praza de aparcamento de diante a atrás da parada, ou ben instalar un andén que separe o espazo de parada do autobís da beirarúa.
Rotonda en intersección Manuel Murguía e Paseo de Ronda
23/04/2018 • • Distrito 9
Dado o aumento ostensible do tráfico na zona dende a apertura da Ronda do RC Deportivo, e sobre todo dende a eliminación dos xiros a esquerda que había antes e que agora obliga a dar voltas interminables que rematan na rotonda do Pavo, conxestionando máis o asunto, considero que una rotonda na intersección entre Manuel Murguía e Paseo de Ronda axilizaría moito o tráfico sobre todo en horas punta.
PLANTACIÓN DE ARBORADO NA RÚA ALCALDE JAIME HERVADA
03/05/2018 • • Distrito 9
Seguinte fase de plantación de arborado nesta rúa, trala primeira aprobada nos orzamentos participativos do 2017, aproveitando a amplitude das beirarrúas existentes, e estudando a ubicación mais adecuada para garantir o soleamento das vivendas dos veciños.