Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Suíza, un bo exemplo: parque frente o museo de historia natural de Xenebra

Renaturalización

01/05/2018  •  Victor  •  Toda a cidade

Ante o predominio da monotonía e limitacións derivadas duns anticuados deseño e planificación paisaxística, surxe a necesidade da posta en valor e renaturalización da cidade e especialmente dos parques. Para levalo a cabo sería imprescindible a reintroducción de polinizadores entre outros seres vivos. Polo que se considera oportuno apostar por un aumento da biodiversidade da flora con espazos mono e multiflorais, especialmente optar por zonas de pradeiras autóctonas e, por outra banda, colocar elementos tales como troncos de árbores mortas e outras pezas de madeira, hoteis de insectos, simulación de valados tradicionais e sebes, etc. Ademais isto pódese complementar con paneis educativos que enfaticen estas actuacións e expliquen a súa importancia. 

Noutros países xa se están en marcha propostas similares, a que esperar?

Tren de Cercanías

18/04/2018  •  currotizon@gmail.com  •  Toda a cidade

Llegando a acuerdos con Renfe Operadora y Fomento o incluso la XUNTA que tiene competencias en transporte regional, creación de un núcleo de Cercanías para el área de A Coruña, aprovechando la línea ferroviaria existente a Betanzos y la red interna del puerto, podría hacerse una línea PALEXCO - SAN DIEGO - CHUAC- FONTECULLER - O BURGO - CAMBRE - BETANZOS. Existen núcleos de Cercanías en España en la actualidad que sirven a MENOS población que esta línea

Escola Municipal de Teatro

24/04/2018  •  oskar  •  Toda a cidade

Construcción dunha Escola Municipal de Tetaro para adultos, nenos e adolescentes.

Sería unha opción alternativa ás escolas de teatro privadas que hai na cidade e sobre todo, ás escolas municipais que hai nos Concellos limitrofes, sendo así máis accesible a todos os coruñeses e coruñesas.

Ademáis, sería beneficioso para ás asociacións de teatro da cidade porque terían un espazo onde formarse, ensaiar e compartir experiencias e equipos docentes e incluso preparar proxectos en común.

Campaña de concienciación contra a doble fila

09/05/2018  •  martinag  •  Toda a cidade

Destinar unha partida orzamentaria para informar dos problemas que provoca o aparcamento en dobre fila e nunha segunda fase comezar a sancionar. Son moitos os vehículos que aparcan mal provocando graves problemas de trafico sobre todo en vías principais. Compre primeiro concienciar e despois sancionar estas malas prácticas

Centro interrelixioso e de coworking.

07/05/2018  •  @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  Toda a cidade

As confesións minoritarias da Coruña non teñen locáis en propiedade e teñen que desenrolar os seus cultos en espazos pouco axeitados. As  limitacións económicas impiden que o dereito de liberdade relixiosa destes cidadáns poda despregarse axeitadamente. A falta de locais axeitados para os cultos minoritarios supoñe un factor de exclusión engadido para minorías migrantes.

Propoño crear un centro interrelixioso no que os grupos relixiosos minoritarios e respectuosos coas leis e os dereitos humáns podan realizar as súas actividades de culto, sociáis e culturáis. Dado que de luns a xoves nun centro interconfesional habería menos actividade que na fin de semana, se podería compatibilizar o uso para actividades relixiosas có uso como centro de coworking accesible para start-ups e profesionais precarios.

Ciudadanos con-ciencia = Ciudad del siglo XXI

18/04/2018  •  rfsotelo  •  Toda a cidade

Para facilitar que a Coruña sexa un referente de cidadáns do século XXI precisase que os científicos, técnicos e divulgadores saian a rúa e dean a coñecer o estado actual do coñecemento e desenrolo.

Para facer de isto una realidade, os poñentes precisan de material axeitado para difundir e resolver as dubidas da xente. Isto consta dunha carpa para estar na temperie, un mesa onde ter experimentos e solucións tecnoloxías e información, un sistema de micrófono o altofalante portátil e unha publicidade por parte do concello. Así poderemos facer da Coruña non so unha cidade con coñecemento, senón con un criterio que reflectirase na deriva  cara unha democracia máis forte pois os cidadáns terán máis razóns para escoller unhas politícas  acordes coa realidade.

 

Arcados do andén de  Riazor, actualmente sen uso

DOTAR DE USO OS ARCADOS DE RIAZOR

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Actualmente os arcados de riazor atópanse baleiros e sen uso, dando unha imaxe lamentable. Proponse a súa adecuación ben para fins municipais (centro cívico), ben para outros usos sociais como locais pop-up para emprendedores.

Pacificación dos entornos escolares

23/04/2018  •  markys  •  Toda a cidade

Os entornos escolares poden ser mellorados se rducimos a velocidade e o espacio adicado os coches.

Beirarrúas entre Novo Mesoiro e O Birloque

13/05/2018  •  _m_p_s  •  Toda a cidade

O Barrio de Novo Mesoiro e Feáns están illados do resto da cidade, no sentido de que só se pode acceder a eles en coche ou autobuses.

Por iso, e tendo en conta a proximidade entre O Birloque, e que é a saída natural destes barrios cara ó resto da cidade, sería útil para moitos ciudadáns a instalación de beirarrúas. Aínda que xa hai por algúns tramos beirarrúas, por exemplo, é difícil atravesar nudos de carreteras e rotondas como a de Pocomaco,moi perigosos para os peóns.

Necesitamos beirarrúas todo ó longo do traxecto.

Crear empresa para emplear a discapacitados

23/04/2018  •  contrahecho  •  Toda a cidade

Crear una empresa municipal que contrate en un amplio porcentaje a discapacitados psíquicos. Podría ser por ejemplo para fabricar algún producto alimenticio o para prestar servicios de jardinería, de paseo de mascotas, de limpieza, de almacenamiento o reparto, etc.