- Tarxetas
- Lista
Espazo de Lecer e Xogos na contorna das pistas entre C/ Estocolmo - C/ Náp
02/05/2018 • • Distrito 5
Propoño unha mellora da contorna das pistas situadas na C/ Estocolmo na Zapateira coa instalación de xogos infantís tanto na parte alta como na baixa para todas as idades e tratar así de crear un punto de encontro único e de socialización de todos os nenos e nenas do barrio a modo de praza como no resto de barrios.
Actualmente a urbanización de Valaire ten falta dun espazo seguro con zona de xogos grande e ben acondicionada.Só hai pequenas praciñas con xogos moi deteriorados e para idades moi curtas e moi afastados uns doutros que non favorecen nada as actividades ao aire libre entre a xente nova.
Alumbrado y fuentes en zonas comunes de la urbanización Valaire
11/05/2018 • • Distrito 5
Instalación de alumbrado en la pista de usos múltiples de la calle Napoles y de la pista de padel de la calle Munich. Instalación de una fuente en el exterior de los dos recintos.
Recuperación de rede viaria tradicional
14/05/2018 • • Distrito 5
A freguesía de Elviña conserva unha importante rede viaria histórica que une diferentes núcleos da parroquia. Hoxe hai treitos que están fragmentados ou que forman parte de rúas.
A nosa proposta é ir recuperando ese viario histórico, formando unha rede cos camiños xa recuperados, rúas e camiños por acondicionar. Fundamentalmente o que se propón é que se sinalicen eses camiños e que se manteñan en boas condicións para o tránsito a pé.
Para esta proposta en concreto xuntamos un mapa cos camiños e rúas que unen Elviña, Castro, Penarredonda, As Revoltas, Palavea e Fontaíña.
PARQUE SAUDABLE PRETO DO HOSPITAL QUIRÓN (A ZAPATEIRA)
08/05/2018 • • Distrito 5
Instalación dun parque de ocio saudable para persoas maiores, na confluencia das rúas Xenebra e Bruselas (preto do Hospital Quirón). Ademais, instalación de bancos, puntos de luz e plantación de árbores.
Area de juegos
09/05/2018 • • Distrito 5
Area de juegos para diferentes edades, con tirolina cuerdas para trepar, columpios, largos toboganes, rocodromo, camas elásticas, etc en un espacio amplio, bancos para descansar.... Ubicacion en Urbanizacion Valaire
PARQUE SAUDABLE NA CONFLUENCIA DA RÚA ROMA E A RÚA VIENA (A ZAPATEIRA)
08/05/2018 • • Distrito 5
Creación dun parque saudable para persoas maiores, para que poidan realizar exercicios de mantemento físico. Tamén instalar neste parque, ademáis dos aparatos técnicos, uns bancos, uns puntos de luz e árbores que dean sombra.
Instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña
01/05/2018 • • Distrito 5
Con esta proposta solicítase a instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña, situada moi preto da Facultade de Arquitectura, e na que existe unha liña amarilla a cal moitas veces é ignorada provocando que moitas veces obstaculizacións que dificultan a salida dos garaxes, o paso normal de vehículos (e mesmo o paso de ambulancias, xa que é unha zona na que vive moita xente de avanzada idade), que vense tamén na obriga de subirse á acera, provocando desperfectos en tapas de alcantarillas. A policía municipal ten tamén o costume de consentir e non obrar para acabar con estas actitudes que van contra as normas de circulación vial.