Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

14_779065_manual.jpg

CREACIÓN DE HUMEDAIS EN PARQUES

14/05/2018  •  luis2castros  •  Toda a cidade

Seguindo o exemplo do estanque de Eirís, poderían continuarse os traballos de naturalizaciónm de humedais nas zonas verdes da cidade.

Propone o estanque de Santa Margarita, algunha fonte do Monte San Pedro e/ou a creación de outros espazos húmidos en Punta Herminia/Durmideiras.

http://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/el-ayuntamiento-acomete-la-mejora-del-estanque-de-eiris-para-crear-nuevos-espacios-de-contacto-con/suceso/1453612128350

250.000 €
Ubicacion da area dun sombreado da zona a ampliar sobre o parque existente

Ampliacion do parque en Paseo de Ronda

14/05/2018  •  xxs  •  Toda a cidade

Trataríase de ampliar o parque situado o principio do Paseo de Ronda entre Normal e o Instituto Masculino, é unha zona onde a presencia de zonas verdes e máis ben escasa onde a apertura da parte traseira da actual biblioteca universitaría foi ben recibida entre os veciños, ainda que en dimensiones é máis ben escasa.

Debería valorarse o impacto de pechala rua o trafico ainda que considero que a parada do autobus poderia reubicarse na praza de Nautica e o trafico podería absorberse pola Rua Almirante Lángara.

824.000 €

CREAR GRAN BOSQUE DA CORUÑA

19/04/2018  •  125  •  Toda a cidade

Quero recuperar unha proposta que xa estivo presente nos orzamentos participativos dos anos 2016 e 2017. Propoño que se faga un gran parque (o máximo tamaño posible) no espazo que hai entre a Terceira Rolda e O Ventorrillo ou nos alrededores do Castro de Elviña (estas dúas ubicacións foron propostas anteriormente)

Este parque sería unha gran área verde con especies autóctonas e exóticas (sempre que non sexan perxudiciais), tanto animais (esquíos, pavos reais...) como vexetais (carballos, castiñeiros, cerdeiras, piñeiros...)

Algunhas propostas para o parque:

- Facer varias zonas de xogo infantil orixinais.

-Unha lagoa pequena con especies acuáticas

(Deixade máis propostas nos comentarios)

1.000.000 €

Mellora/creación do carril bici.

18/04/2018  •  andresroa  •  Toda a cidade

As bicis son un medio de transporte ecolóxico e san, o concello debería de promover o seu uso. Hai un carril bici moi bo pero tan so polo paseo, aínda que coa xeografía da cidade non é sinxelo por un carril bici, agradeceríase moitísimo a súa  implementación noutras zonas, preferiblemente polo centro.

131.043 €