Na Coruña Contas

Volver

Ampliación do césped artificial do tobogán de Eirís

bolboreta bolboreta  •  23/04/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 881

Son moitos os nenos e nenas que a diario usan o tobogán grande do parque de Eirís. Entre o césped artificial e o asfalto hai uns dous metros de herba gastada de pisala e gravilla, e moitos nenos e nenas ao baixar da zona do tobogán resbalan e caen. Propoño ampliar o césped artificial ata o asfalto dado que son só uns 2 metros e a inversión non é grande.

Ademais actualmente hai como unha pequena barreira de madeira na que poden tropezar os máis pequenos, e poñendo o césped artificial ata o camiño asfaltado non tropezarían.

Graciñas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos