Na Coruña Contas

Volver

Ampliación da beirarrúa Avenida San Cristovo

gloria gloria  •  19/04/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 766

A beirarrúa da Avenida San Cristovo, situada no  Barrio das Flores, dende o paso de peóns (semáforo siatuado no antigo Café Veracruz) ata a Avenida Salvador Madariaga, é moi estreita. Esta beirarrúa ten moito transito da xente que transita entre os barrios de Matogrande, Polígono de Elviña, Monelos, Eirís e Barrio das Flores, sobre todo de cativos que van aos colexios e institutos da zona (CEIP María Pita, CEIP Ramón de la Sagra, IES Monelos, IES Otero Pedrayo e Liceo La Paz). O tránsito de vehículos nesta vía non soamente é moi intensa, senon que tamén circulan a gran velocidade e ademáis pola súa ubicación (comunica o porto cos polígonos) ten moitos vehículos de gran tamaño, aumentando a perigosidade. Unha beirarrúa tan estreita, na que unha cadeira de rodas ou unha cadeira de bebé pasa moi xusta é pouco adecuada.

Grazas,

g.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que esta proposta é inviable porque a Avda. de San Cristóbal, no tramo a que se refire, se corresponde coa estrada Ac-10, que non é de titularidade municipal senon do Ministerio de Fomento. Animámoslle a seguir presentando outras propostas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos