Na Coruña Contas

Volver

Novo Mesoiro: Pintado e sinalización de paradas de bus

m.calvod m.calvod  •  18/04/2018  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 744

No barrio de Novo Mesoiro, a parte de ter moi poucas frecuencias de autobús (cada 20 minutos) é complicado o acceso a varias paradas (entre elas banco santander, cervecería e tenda de marián, as tres na avenida).

Acudir cunha cadeira de rodas ou unha silla de bebés, ou mesmo para os propios viandantes é complexo, pois no sitio da parada do bus hai coches aparcados, e para poder subir as veces tes que percorrer unsetros pola carretera.

Debería sinalizarse no asfalto que iso é unha parada de autobús e mesmo poñer unha plataforma de cemento que facilite o acceso, como xa está noutra parada. Con este tipo de inicitaivas fomentase o transporte público (o igual que co aumento de frecuencia en horas punta)

Localización: Avenida Novo Mesoiro

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos