Na Coruña Contas

Volver

Acubillo: APP para fomentar o acollemento e a adopción animal

Libera! Libera!  •  18/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Untitled-1.jpg
Untitled-1.jpg

Código proposta de investimento: 741

A Lei 4/2017 de Benestar Animal de Galicia crea a figura das 'casas de acollida', un modelo de axuda para os animais que foron abandonados ou maltratados que deixa o seu desenrolo posterior nos concellos, como o caso da Coruña.  

Esta aplicación móbil permitirá crear unha rede solidaria de fogares que se fagan cargo da acollida temporal de animais que foran recollidos polo Centro Municipal de Protección Animal de Bens, e posibilitar a súa evolución e mesmo adopción, evitando a súa estancia nun frío canil, e contribuindo a baleirar estas instalacións para ofrecer a mellor oportunidade para os cans e gatos que non tiveron a mínima oportunidade dunha vida digna.

'Acubillo' tamén é unha aposta polas políticas activas de protección dos animais e fomento da convivencia, complementando coas campañas ou iniciativas de sensibilización, e facilitando a implicación da veciñanza.

Proposta en nome de: Asociación Animalista Libera

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi declarada INVIABLE polo equipo técnico municipal en base ao seguinte informe: "O Servizo de Medioambiente non dispón dos recursos propios necesarios para manter actualizada a información da APP solicitada, polo que sería preciso contratar externamente o servizo. O custo de externalizar este servizo de mantemento da app non entra dentro da categoría de investimento, polo que a proposta ten que ser calificada como inviable". Agradecemos a túa colaboración e agardamos contar contigo de novo na seguinte edición de Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos