Na Coruña Contas

Volver

circuito de maquinas de exercicio biosaludables na praza da rúa Enrique Mariñas

marialucrecia marialucrecia  •  14/05/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 1632

En Matogrande hai construido en terreos municipales un aparcadoiro e un edificio donde actualmente existen varias clínicas e locais deportivos de caracter privado, que pouco benefician os veciños.

A miña proposta consiste na instalación dun circuito de maquinas de exercicio biosaludable na praza situada encima do aparcadoiro. Sería conveniente a instalación dun chan adecuado e brando que tamén amortigue o efecto amplificador de ruidos da praza, toda feita de cemento, e tamén mais bancos e arbolado por millorar o entorno e evitar de paso que os camións de reparto usen a praza como aparcadoiro.

No barrio hay duas residencias de maiores e moitas familias con xubilados, desta forma por fin o barrio podería ter un espazo de ocio e deporte destinado os adultos.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois non é competencia municipal ao ser a parcela mencionada obxecto dunha concesión administrativa.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos