Na Coruña Contas

Volver

Ampliacion do parque en Paseo de Ronda

xxs xxs  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Ubicacion da area dun sombreado da zona a ampliar sobre o parque existente
Ubicacion da area dun sombreado da zona a ampliar sobre o parque existente

Código proposta de investimento: 1625

Trataríase de ampliar o parque situado o principio do Paseo de Ronda entre Normal e o Instituto Masculino, é unha zona onde a presencia de zonas verdes e máis ben escasa onde a apertura da parte traseira da actual biblioteca universitaría foi ben recibida entre os veciños, ainda que en dimensiones é máis ben escasa.

Debería valorarse o impacto de pechala rua o trafico ainda que considero que a parada do autobus poderia reubicarse na praza de Nautica e o trafico podería absorberse pola Rua Almirante Lángara.

Informe de custo

A proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta, entendida como a transformación do tramo de Paseo de Rolda entre Manuel Murguía e Av. de Gran Canaria, sería interesante desde a óptica de transformar infraestructura gris en infraestructura verde. No entanto, require un estudo de tráfico para analizar a viabilidad de eliminar os vehículos desa zona, separadamente de solucionar o acceso aos aparcamientos interiores dos edificios. Esta proposta require un estudo específico e un proxecto de execución. Conclusións: A proposta considérase viable condicionada a un estudo de mobilidade e tráfico. Estímase un orzamento de proxecto de 24000 euros e de ejecución de 800000 euros." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos