Na Coruña Contas

Volver

MELLORA DA ACCESIBILIDADE A ZONA INFANTIL E DE MAIORES PARQUE DE STA MARGARITA

Marisma Marisma  •  14/05/2018  •  Distrito 9  • 

caminoadoquin.jpg
caminoadoquin.jpg

Código proposta de investimento: 1543

O acceso á zona de parque infantil e de maoires no Parque de Sta Margarita (que limita coa rua Padre sarmiento) , e dificultoso tanto para os nenos, os carriños, e as persoas maiores. O camiño esta formado por pavimento de grandes adoquíns en malas condicións, as rodas metense nas xuntas existentes entre as pedras e ademais ten unha grande pendiente, é moi dificil de subir e baixar por este acceso para a xente maior e os pais que acuden cos nenos e van con carriños, e imposible para persoas que queran acceder con sillas de rodas. En xeral e necesario a mellora da pavimentación existente no parque, e dar unha solución ao adoquin existente.

Unha forma para evitar este acceso seria accedendo a zona de xogos dos nenos e maiores desde a rua Padre Sarmiento,  facendo un oco no muro cunha porta que polas noites se poidera pechar. 

Localización: PARQUE INFANTIL E DE MAIORES DO PARQUE DE SANTA MARGARITA

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos