Na Coruña Contas

Volver

Dotar de servizos mínimos as zonas ruráis da cidade

monicaeiris monicaeiris  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1503

O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Na cidade hai zonas ruráis habitadas, moitas paralizadas hai anos polos plans urbanísticos, nas que os sucesivos gobernos municipáis decidiron non invertir xa que, nalgún momento, as excavadoras se farían cargo de todo. 

Alumeado en condicións, bancos, papeleiras, beirarrúas, alcantarillado,transporte público en condicións...

Poñer en valor a Coruña máis rural é mellorar a calidade de vida das persoas que as habitamos, que temos os mesmos dereitos que o resto da cidade. 

Solicitamos que, para comezar, se doten estas zonas de alguns bancos, se eliminen os puntos que carecen de alcantarillado, e se garantan puntos de luz no acceso ás vivendas. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos