Na Coruña Contas

Volver

Parque Infantil + Zona Biosaudable no alto de Eirís

monicaeiris monicaeiris  •  14/05/2018  •  Distrito 6  • 

Parque_BIO.png
Parque_BIO.png

Código proposta de investimento: 1502

Dende o Parque que hai sobre o túnel de Eirís ata Fonteculler non atopamos ningunha zona biosaudable, con aparellos para facer ximnasia ó aire libre en calquera momento. E case ocorre o mesmo cos parques infantís. Esta zona máis rural ten moitas cousas pendentes, estas 2 son parte delas..

Tanto pola idade da poboación (persoas maiores, moitas veces con nenos e nenas ó seu cargo durnte o día) como por ser unha zona que escolle moita xente para pasear, consideramos que debera haber unha zona destas características no alto de Eirís. Suxerimos unha parcela dotacional do Concello, colindante a Eirís de Abaixo 84. Polas carasterísticas das instalacións, segundo avance a urbanización, poderíase modificar a ubicación máis adiante se fose preciso.  

Localización: https://www.google.es/maps/@43.3401903,-8.3966414,415m/data=!3m1!1e3

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero non podemos declarala viable xa que esa zonoa está en un polígono pendente de desenvolvemento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos