Na Coruña Contas

Volver

Asfaltado das pistas dende A Vedra, polo O Foxo, MonteMero e Pedralonga

monicaeiris monicaeiris  •  14/05/2018  •  Distrito 6  • 

Asfaltado_O_Foxo_a_Pedralonga.png
Asfaltado_O_Foxo_a_Pedralonga.png

Código proposta de investimento: 1500

Avda da Vedra, desvío a Maristas rodeando a muralla da Fábrica de Armas (sen alumeado). Logo O Foxo, á esquerda (non residentes), MonteMero, e baixada a Pedralonga. Ou percorrido inverso. 

240 coches entran e saen 2 veces ó día levar e traer escolares ó Colexio Maristas, mais autobuses, camións de reparto... E a veciñanza. 

Pistas sen beirarúas son o único paso a pé , polo que é necesario despexar o arcén para que as persoas que van a pé non teñan que meterse nas silveiras cada vez que pasa un coche... ou 240!!

Hai fochancas nas fochancas, cruces  cheos de pedras e area, necesitan un asfaltado en condicións. Instalar de novo aliviadeiros para que a auga que se estanca teña saída, como había antes de que se asfaltase por primeira vez. Hai sitios onde cada ano teñen que poñer planchas metálicas para que os coches non queden atascados, e zonas nas que hai que atravesar 2 palmos de auga. 

Localización: https://www.google.es/maps/@43.3345672,-8.3946003,1350m/data=!3m1!1e3

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos