Na Coruña Contas

Volver

Recuperación da Fonte dos Caños en Eirís de Abaixo

monicaeiris monicaeiris  •  14/05/2018  •  Distrito 6  • 

fonte_dos_caños_obra.jpg
fonte_dos_caños_obra.jpg

Código proposta de investimento: 1498

Un dos simbolos históricos de Eirís, xunto co Castelo, ou Fortaleza de Valparaiso, é a Fonte dos Caños. 

Fonte moi antiga, e de auga moi sabedora, que durante anos suministrou de auga potable a xente de boa parte da cidade, que se achegaba a recollela en garrafas. Corría todo o ano.

A partires do 1992, cando nos instalaron o alcantarillado en irís de Abaixo, e o posterior asfaltado do camiño que pasa pegado a ela, foi perdendo forza... e agua. 

E dende o inicio das obras do Parque Ofimático, ate parece que querían pasarlle por riba unha acera e eliminala. 

Como fonte antiga, fermosa, e catalogada, solicitamos ó Concello que rehabilite a Fonte dos Caños e o seu entorno, devolvéndolle o seu valor histórico e devolvéndonos á veciñanza un espazo tan querido. 

Localización: https://www.google.es/maps/@43.3399608,-8.3972415,3a,75y,275.42h,67.87t,-2.42r/data=!3m6!1e1!3m4!1sOXkj1B0vbNe5C0PmNfwe4g!2e0!7i13312!8i6656

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos