Na Coruña Contas

Volver

Facilitar o paseo: Papeleiras e bancos na zona accesible do Parque Ofimático

monicaeiris monicaeiris  •  13/05/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 1483

Consideramos importante ese espazo sexa humanizado, xa que en breve será o acceso para moitas vivendas e un colexio, ademáis de que seguirá sendo zona de paseo.

Dende que se abreu o paso para peóns por parte da zona colindante entre o Parque ofimático e Eirís de Arriba, entre a Estrada de Eirís ata a zona de Montemero, O Foxo e Elviña, é unha zona habitual para moita xente que busca zonas tranquilas para pasear. 

Entre esa xente, moitas son persoas maiores, que agradecerían ter bancos nos que poder sentarse. Nomeadamente nas máis de 100 escaleiras que comunican Eirís de Abaixo con Eirís de Arriba, onde ata hai pouco estaba o Camiño Real, e o Camiño de Santiago. 

Polo mesmo motivo, nun paseo bastante grande, non hai ningún sitio no que tirar o lixo, e tantto a xente que ven pasear como a veciñanza quixeramos que estivese limpo.

 

Localización: https://www.google.es/maps/@43.3380134,-8.3973366,534m/data=!3m1!1e3

Proposta en nome de: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos