Na Coruña Contas

Volver

Novo deseño das placas das rúas.

rosa_lia rosa_lia  •  13/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Bosquexo.
Bosquexo.

Código proposta de investimento: 1482

O deseño actual das placas das rúas carece de personalidade alén de sermos a única cidade galega que mantén a denominación específica monolingüe en castelán, dándose aberracións como  "Calle/ Rúa Puerta de Aires" ou  "Calle/ Rúa Cruz Roja". Ademais, en non poucas ocasións, descoñécese quen foi a persoa homenaxeada ou a que fai referencia o nome da rúa. Así, cumpriría engadir unha breve información ó respecto ou a denominación antiga ("Rúa Juan Flórez. Antigo Camiño Novo").

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos