Na Coruña Contas

Volver

Mellora do paso peonil en Rúa Birloque

virtusanchez virtusanchez  •  13/05/2018  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 1457

Na Rúa Birloque, á altura do bar Birloque 2 e o local parroquial de San Cristovo das Viñas existe un paso peonil moi perigoso en moi mal estado. Xa ten habido atropelos, incluso mortais. Os vehículos (tamén autobuses e camións) circulan a moita velocidade, sobre todo os que veñen de Pocomaco, porque ó saír dunha curva sen visibilidade descenden a pendente a toda velocidade ata chegar a unha rotonda sen reparar no paso de peóns.

Como xa hai sinais verticais e non son efectivas, é necesario instalar resaltos o "cojines berlineses" para conseguir diminuir a perigosidade deste paso.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero non podemos declarala viable, xa que dita carretera é competencia da Diputación Provincial


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos