Na Coruña Contas

Volver

ELIMINACIÓN DE ESPECIES VEXETAIS INVASORAS NOS ESPAZOS NATURAIS DA CIDADE

marina_5 marina_5  •  13/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1452

As especies vexetais invasoras están a destruir os ecosistemas da cidade, especialmente o carpobrotus edulis (uña de gato) e a cortaderia selloana (penacho da pampa). O avance imparable da uña de gato elimina especies autóctonas tan valiosas coma a herba de namorar e o toxo, destruindo tamén o habitat de moitas especies animais coma ourizos, coellos, tarabillas, rabirrubio tizón, carrizo, etc...Propoño eliminar estas especies, por medios mecánicos, sen empleo de pesticidas. Os traballos de eliminación terían que comezar a partir do mes de outubro, coincidindo co final da época de cría de moitas das aves que nos visitan. Especialmente estarían enfocados á zona do paseo marítimo que vai dende a  cala de san roque ata a cala de bens e a zona da torre de Hércules.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que esta proposta é inviable porque o proxecto non ten a categoría de investimento. Pode presentar outras propostas ata ás 24:00 h de hoxe.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos