Na Coruña Contas

Volver

Biblioteca Municipal en Riazor

125 125  •  11/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1351

Hai moitas bibliotecas municipais na Coruña, pero ao poñelas nun mapa, daste conta que no barrio de Riazor falta unha. Propoño instalar unha nova biblioteca municipal no barrio de Riazor. Poderían estar ou ben no local da Casa da Auga que quedou libre cando se foi Outlet, nos locais da praia de Riazor que están ao lado do Playa Club ou outros.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarche que a túa proposta foi declarada INVIABLE técnicamente, en base ao informe que achegamos: "O Concello da Coruña non dispón actualmente de ningunha parcela no barrio de Riazor na que poida edificar este equipamento. Á marxe desta situación, que podería ser obxecto de modificación no medio prazo, o custo de construción e dotación dunha biblioteca municipal supera o límite orzamentario establecido no proceso dos Orzamentos Participativos. Aínda cunha superficie de 1000 m2, notablemente inferior á recomendada pola FEMP (1.560 m2), o custo de construción situaríase no entorno do 1.000.000 euros, aos que habería que engadir os custos de dotación de equipamento informático, mobiliario, fondos bibliográficos, etc. Á marxe das consideracións en relación coa construción do equipamento, o Servizo de Bibliotecas considera que non é viable a curto prazo a ampliación da rede de bibliotecas. O proceso de remunicipalización do servizo, coa próxima incorporación ao cadro de persoal do Concello de máis de 65 novos traballadores e traballadoras, condiciona no curto prazo as posibilidades de crecemento." Moitas grazas pola túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar con nós o vindeiro ano, na seguinte edición dos Orzamentos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos