Na Coruña Contas

Volver

Menos pintadas (grafitis) e mais adecentamento de fachadas

gloson gloson  •  11/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Isto non pode ser
Isto non pode ser

Código proposta de investimento: 1320

Limpar as pintadas que afean todo, edificios, locais, mobiliario urbán, sinais tráfico. Facer cumplir as normas de mantemento exterior de edificios. (hai edificios que semellan non pintaron nunca) se fose preciso axudar con subvencións ás comunidades de propietarios, para que non permanezcan os grafitis, durante anos. Deseñar un plan de conservación e facer campañas de información-educativas con paneis en toda a cidade, charlas en centros cívicos, escolares, sobre a importancia para todas as persoas dun aspecto máis pulcro da cidade, e sobre o gasto que supón a limpeza (que agora non se fai) e que eses cartos teñen que detraerse doutras partidas. Habilitación de muros e paredes (sen uso) e convocar concursos de murais artítisticos, que expresen as preocupacións e cultura do entorno onde se realicen. Que facer cos esqueletos de edificios que están aí desde antes da crise?.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túas propostas pero non podemos considerala viable xa que o que propós non é investimento, pero o Concello terá en conta a túa aportación


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos